Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

domingo, 30 de diciembre de 2012

A célula eucariota

A célula eucariota chámase así porque ten verdadeiro núcleo. Aí atópase o material xenético protexido. Tamén presenta estructuras citoplasmáticas máis complexas ca procariota, e cada unha das cales ten unha función concreta dentro da célula.




jueves, 27 de diciembre de 2012

A célula procariota e o reino MONERA



As BACTERIAS son organismos unicelulares pertencentes ao reino Monera. A súa célula é procariota, é decir, non ten verdadeiro núcleo.

As bacterias proliferan con moita rapidez e facilidade. As condicións de temperatura, humidade, nutrientes, etc, teñen moita relevancia á hora de cultivar bacterias. Entra no laboratorio virtual.

Hai moitas máis bacterias beneficiosas que perxudiciais. 

Alexander Fleming e Louis Pasteur foron científicos famosos pola súa relación co mundo das bacterias.


O descubrimento de Fleming foi unha SERENDIPIA. Coñeces algunha serendipia máis no mundo da ciencia?. Se queres un positivo para clase deixa a túa aportación en "comentarios" co teu nome. 

miércoles, 26 de diciembre de 2012

O Trobador do Tea nº 7


Ola rapaces!
Ídevos preparando que xa está aquí a XII edición de "El Pais de los Estudiantes". Co noso xornal  "O Trobador do Tea" teremos a oportunidade de publicar entrevistas, fotografías, crear anuncios, investigar,.. Todo feito en equipo que é como máis nos gusta.
Se queredes recordar números pasados visitade a páxina de PUBLICACIÓNS do cole
Veña apuntádevos aquí

Vémonos o día 8.
BOAS FESTAS!

domingo, 23 de diciembre de 2012

Home

Nestes días de vacacións aproveitade para ver esta película. 
Trata sobre o irresponsable comportamento da humanidade, sobre todo nos últimos 200 anos, deteriorando os recursos da nai Terra. 


jueves, 20 de diciembre de 2012

Autosupérate!

                                         


Que fósiles coñeces?

Ginkgo biloba, é un fósil vivinte xa que existía no MESOZOICO, cando Panxea aínda estaba unida. Temos esta árbore orixinaria de Xapón no noso xardín.


Como atopar fósiles?

Lo Hueco- Cuenca


Tipos de fósiles:
Practica con este exercicio.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

A árbore da vida


"A Árbore da Vida" é un esforzo de colaboración de biólogos e amantes da natureza de todo o mundo.
En máis de 10.000 páxinas World Wide Web, o proxecto proporciona información sobre a biodiversidade, as características dos diferentes grupos de organismos e a súa historia evolutiva.

Cada páxina contén información sobre un grupo en particular, por exemplo as samesugas, os gusanos segmentados, flores Phlox, tiranosauros, mariposas A partir de la raíz de toda la vida en la Tierra y en movimiento a lo largo de las ramas divergentes de las distintas especies, la estructura del proyecto TOL lo ilustra las conexiones genéticas entre los seres vivos.Heliconius, calamar vampiro...e están vinculadas unhas a outras xerárquicamente, na forma de árbore evolutiva da vida. A partires da raíz de toda a vida na Terra e o movemento ao longo das ramas diverxentes das distintas especies, a estructura deste proxecto está ilustrado coas conexións xenéticas entre os seres vivos. Tamén hai moitos videos e fotografías de organismos existentes e reproduccións dos xa extinguidos.


domingo, 9 de diciembre de 2012

A historia da Terra

Imos comezar cunha actividade inicial
1.- A idade da Terra. Que idade ten a Terra?
1.1.-Métodos de datación absoluta: Datación radiométrica
Exercicio en inglés sobre a datación con carbono-14


1.2.- Métodos de datación relativa: Principio de superposición de estratos; Principio de superposición de acontecementos; Principio de superposición faunística (avanza nas páxinas)
2.- A importancia xeolóxica dos fósiles. Estudio dos fósiles
Fotografías de fósiles, e máis fotos
3.- A Terra, un planeta en continuo cambio
3.1.- Teorías sobre os cambios xeolóxicos
Georges Cuvier co CATASTROFISMO e Charles Lyell co GRADUALISMO, defenderon ideas contrapostas sobre os cambios na Terra e a existencia dos seres vivos. Darwin baseouse nas ideas de Lyell para explicar a lenta pero continua evolución das especies.
4.- As grandes divisións da historia da Terra. As Eras Xeolóxicas

Agora para coñecer a historia da Terra de xeito ameno entra neste enlace
Se queres saber máis sobre a formación da Terra e a aparición da vida mira aquí

Este EIXO CRONOLÓXICO tamén te pode axudar a ubicar cada acontecemento na historia da Terra. É o primeiro que fago pero espero que te guste.








Con esta divertida película Nigel Marven trasládanos ata diferentes períodos da Terra.

"A odisea da especie" é un documental no que vemos a evolución da especie humana dende a súa aparición





viernes, 7 de diciembre de 2012

Problemas de progresións

1.- O primeiro termo dunha progresión aritmética é -1, e o décimoquinto é 27.Acha a diferenza e a suma dos quince primeiros termos.
a1 = -1                                   a15 = 27              an = a1 + (n-1) d

27 = -1  + (15 - 1) d              28 = 14 d              d = 2

S= (-1 + 27 ) 15/2 = 195                    

2.- Achar a suma dos quince primeiros múltiplos de 5.
             a1 = 5               d=5            n = 15                     an = a1 + (n-1) d       
Suma de n términos




       a15 = 5 + 14 . 5 = 75                 s15 = (5 + 75) 15 /2 = 600

As Leis dos Gases

EXERCICIOS RESOLTOS

1.- A unha presión de 1 atm unha mostra dun gas ocupa un volume de 10 l. Que volume ocupará se reducimos a presión ata 0,2 atm mantendo a temperatura constante?
Como a temperatura é constante aplicamos a Lei de Boyle e Mariotte
sendo P1 a presión inicial de 1 atmósfera, V1 o volume inicial de 10 litros e P2 a presión final de 0,2 atmósferas
Despexando a ecuación resulta que o volume final será:
V2 = (P1 x  V1)/ P2 = ( 1 atm x 10 l ) / 0,2 atm = 50 l

2.- Certa cantidade dun gas ten un volume de 5 l a - 73 ºC. Cal será o seu volume a 27 ºC se a presión non varía?
Como a presión permanece constante aplicamos a 1ª Lei de Charles e Gay-Lussac
sendo V1 o volume inicial de 5 l, T1 a temperatura inicial de 200 K ( -73 ºC + 273 = 200 K) e T2 a temperatura final de 300 K ( 27 ºC + 273 = 300 K)
Despexando da ecuación, temos que o Volume final será:
  T2 = (V1 x T2)/ T1 = (5 l x 300 K)/ 200 K = 7,5 l

3.- Calcula cantas bombonas de 200 l de capacidade e a 5 atm de presión se poden encher con gas propano dun depósito de 500 metros cúbicos de 10 atm de presión.
Como a temperatura é constante aplicamos a Lei de Boyle e Mariotte, sendo P1 a presión inicial de 10 atmósfera, V1 o volume inicial de 500.000 l (1 metro cúbico ten 1000 l) e P2 a presión final de 5 atmósferas
Despexando a ecuación resulta que o volume final será:
V2 = (P1 x  V1)/ P2 = ( 10 atm x 500.000 l ) / 5 atm = 1.000.000 l
Como en cada bombona so caben 200 l, poderemos encher:
1.000.000 l / 200 l = 5.000 bombonas

AGORA INTÉNTAO TI:
1.- A presión dun gas sobre as paredes dun recipiente é de 3,2 atmósferas cando ocupa un volume de 2,5 l. Que presión exercerá se o volume o reducimos a 1,2 l? E se o aumentamos a 4,6 l?  Se a temperatura é constante, que Lei dos gases se cumpre? Enúnciaa. Sol: 6,6 atm.

2.- Experimentando a temperatura constante cun gas metido nun recipiente, ímoslle variando o volume mediante un émbolo e medindo a presión en cada caso. Os datos aparecen na táboa.

Volume (l)
1,0
1,5
2,0
4,5
5,4
Presión (atm)
5,4
3,6
2,7
1,2
1,0

Cúmprese a Lei de Boyle?  Fai a gráfica e explica por que ten esa forma. Cal será a presión para un volumen de 2,5 l? Sol: 2,16 atm

3. Unha determinada cantidade de aire atópase nunha ola a presión. A temperatura é de 100 ºC e a presión de 1,7 atm. Se baixamos a temperatura a 0ºC, cal será a nova presión?. E se a subimos a 250 ºC? Sol: 1,24 atm; 2,38 atm

4.- Experimentando a volume constante con gas hidróxeno e ir variando a temperatura, medimos os datos de presión que aparecen na táboa. Cúmprese a 2ª Lei de Charles e Gay- Lussac?. Fai a gráfica correspondente. Hai algún valor mal tomado?. Cal será a presión a 250 ºC?. Sol: 2,126 atm

Presión (atm)
0,5
1,11
1,52
1,7
2,55
Temperatura(ºC)
-150
0
100
200
350

5. Experimentando a P cte con hidróxenos gas e ir variando a temperatura, medimos o volume e elaboramos a táboa seguinte. Comproba se se cumpre a 1ª Lei de Charles e Gay- Lussac e representa a gráfica. Cal será o volume a 350ºC?. Sol: 8,47 atm

Volume (l)
2,36
4
5,77
7,14
9,87
Temperatura(ºC)
-100
20
150
250
450

6. Temos aire a 20 ºC ocupando un volume de 4 l. Se se cumpre a 1ª Lei de Charles e Gay- Lussac, cal será o seu volume se o quentamos ata 200 ºC?. E se o enfriamos ata os 0ºC?. Sol: 6,45 l; 3,72 l
7. Nun recipiente de 2 l temos hidróxeno a 20 ºC e 1 atm de presión. Cal será a súa presión se aumentamos a temperatura ata os 100 ºC nun volume de 3 l? Sol: 0,84 atm

8. Temos 20 l de gas helio a 2 atm de presión e 100 ºC de temperatura. Pasámolo a outro recipiente con 1,5 atm e a o ºC. Que volume ocupa agora?. Sol: 19 l

9. Nun recipiente de 5 l de volume temos aire a 1 atm de presión e oºC de temperatura. Diminuímos o volume a 2l e a presión resulta ser de 3 atm. A que temperatura se atopa? Sol: 54,6 ºC

10.- Unha xeringuilla contén certa cantidade de aire e quéntase ata os 370 K. A continuación introdúcese en auga moi fría e obsérvase que o émbolo descende. Das seguintes variables cales cres que foron modificadas: volume do gas, temperatura, presión, enerxía cinética das partículas? Que lei dos gases explica este fenómeno?

martes, 4 de diciembre de 2012

Sucesións. Fibonacci e o número aúreo

SUCESIÓNS
Son cadeas ilimitadas de números reais. 
Cada un dos termos da sucesión represéntanse por  a1, a2, a3,..
As sucesións teñen un TERMO XERAL que é unha fórmula que nos permite averiguar o valor de calquera dos seus termos.

As sucesións RECURRENTES son aquelas cuxos termos se forman a partires de un ou máis dados. Se nomean como a n-1, a n-2.

Leonardo de Pisa tamén chamado Fibonacci, descubriu que na natureza se manifestaba unha sucesión recurrente que recibe o nome do descubridor. 
1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55, 89,....

Se queres comprobalo mira este video




PROGRESIÓNS ARITMÉTICAS
É unha sucesión especial na que a partires do 1º termo e sumándolle unha cantidade chamada DIFERENZA  ou d, podemos calcular calquer térmo da sucesión se coñecemos o lugar que ocupa.
O termo xeral dunha P.A. é 
an = a1 + (n - 1) · d 

EXERCICIO RESOLTO:
No ano  1986 foi visto o cometa Halley por cuarta vez dende a Terra, á que se achega cada 76 anos. En que ano foi descuberto? Cando o volveremos a ver?

Sabemos que                       a4 = 1986
E segundo a fórmula           a4 = a1 + 3d
Sustituímos os datos      1986 = a1 + 3 . 76
Despexando a1                  a1 = 1986 – 3 . 76 = 1758 foi o ano do descubrimento
1986 + 76 = 2062 é o ano no que o volveremos a ver

SUMA DE PROGRESIÓNS ARITMÉTICAS
Nunha progresión aritmética os termos equidistantes suman o mesmo.
Ex: imos escribir a sucesión formada polos múltiplos de 5 do 5 ao 100.
5-10-15-20-25-30-35-40-45-50-55-60-65-70-75-80-85-90-95-100
a1 = 5 e a20 = 100. 
Hai 20 termos e facendo parellas vemos que sempre suman 105. Podemos facer 10 parellas ( n= 10), polo que todos sumarán 1050





PROGRESIÓNS XEOMÉTRICAS
É unha sucesión especial na que a partires do 1º termo e multiplicando por unha cantidade chamada RAZÓN  ou r, podemos calcular calquer térmo da sucesión se coñecemos o lugar que ocupa.
O termo xeral dunha P.X. é                    an = a1 · r n - 1

EXERCICIO RESOLTO
Sabendo que o primeiro termo dunha P.X. é 6 e o octavo vale 768, calcula o valor do termo que ocupa o cuarto lugar
Sabemos que a1 = 6 e a8 = 768.    O cálculo é   a8 = a1 · r 7             768 = 6 · r  7

despexando   r = 2

Para calcula a4 facemos de novo os cálculos. an = a1 · r n - 1           a4 = 6 · 2  3  
Polo que o resultado é 48

jueves, 29 de noviembre de 2012

Gústanche os detalles?

Que te parece se lle damos unha sorpresa tan chula como sinxela aos invitados deste Nadal?.
So tes que adicarlle uns minutos e doblar as servilletas como se indica máis abaixo. Hai moitos modelos. Coñeces algún que nos poidas ensinar en clase?




PORTA CUBERTOS

FLOR DE LIS

VELA

domingo, 25 de noviembre de 2012

O rostro humano


Seguramente debuxar caras parecerache complicado. Neste tema imos aprender como facelo usando algúns truquiños. Ademais do explicado en clase podes ver estes titoriais



sábado, 24 de noviembre de 2012

Mapas topográficos

Un mapa topográfico é unha representación do relevo da superficie terrestre a unha escala definida. A diferencia dos planos topográficos, os mapas topográficos representan amplas áreas do territorio. Neles se inclúen curvas de nivel que permiten reflectir a forma da superficie terrestre.



Como traballar con curvas de nivel


Aprende como levantar un PERFIL TOPOGRÁFICO



Tí e os dereitos humanos

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


Os DEREITOS HUMANOS son as eleccións que facemos cada día como seres humanos, no noso barrio, na escola, no traballo, coa familia, cos amigos, ... É a responsabilidade que todos compartimos de respectarnos mutuamente, axudarnos e protexer aos máis necesitados. Os dereitos humanos teñen que ter significado no nosos entorno máis inmediato e nós debemos ser promotores dos mesmos, senón nada ten sentido.

As vosas historietas xa están aqui!

Ola a tod@s.
Moi bos os traballos que estades facendo sobre a ilustración e a creación de tiras cómicas-
Moi pronto a exposición de traballos será disfrutada por todo o cole!.


Despois desta pequena bromiña, pois si que estudiades moito, vou ir enlazando os traballos rematados por algúns de vós. Todos son fantásticos!. Noraboa!

4º ESO
Iria Lameiro Brais JacoboJorge GilsanzAndrea PérezNatalia VázquezJessica SieiroAitor Porto; Samantha Ramilo;

3º ESO
María FernándezAléix ÁlvarezNatalia MárquezManuel CimaLaura Rodríguez ; Noelia Sánchez ; Alicia Groba ; Laura Torres ; Marta Rodríguez ; Lorena Carracedo ; Aitana Alonso; Pablo Pazos

Felicitacións de Nadal e outras actividades propias destas datas:
Aléix Álvarez ; Carlos Pérez ; Natalia Márquez ; Rosana Cayetano ; Alicia Groba ; Laura Torres ; Noemi Lamora ; Manuel Cima ; Laura Rodríguez ; Lorena Carracedo ; Aitana Alonso; outro máis de Aitana; Noelia Sánchez: Pablo Pazos ; Marta Rodríguez; Carlos Pérez; María Fernández;

Iria Lameiro; outro máis de IriaAndrea Pérez; outro máis de Andrea ; Natalia Vázquez ; Jorge Gilsanz
Samantha Ramilo ; Brais Jacobo



miércoles, 21 de noviembre de 2012

Problemas de mesturas


Exercicios de dinámica


PROBLEMAS DE DINÁMICA

1.-Un resorte en repouso mide 15 cm e se colgamos del unha masa de 3 kg alóngase 10 cm. Calcula a súa constante elástica en unidades do S.I. Que masa debemos colgar se queremos que se alongue 22 cm?

2.-Un resorte mide 30 cm cando lle colgamos 200 g, e a súa lonxitude é de 40 cm cando lle colgamos 325 g. Calcula: a) a lonxitude do resorte en repouso; b) a constante do resorte en N/m e en Kilopondios/m.

3.-A lonxitude dun resorte sen carga é de 20 cm. Se se suspende do seu extremo un corpo que pesa 12 N a súa lonxitude é de 25 cm. Calcula a constante de recuperación do resorte e a súa lonxitude cando se suspende del un corpo de 600 g.

4.- Dados os seguintes vectores calcula gráficamente a súa resultante de 3 formas diferentes.


5.-Unha lámpada de 100 N de peso está pendurada do teito por unha cadea. Cal é a tensión da devandita cadea no punto de enganche da lámpada?Especifica o seu módulo, dirección e sentido. Fai un debuxo.

6.-Unha barra de 2 m está pendurada do teito mediante dúas cordas de igual lonxitude. Un corpo de 20 Kg pendura da barra a 50 cm dun dos extremos. Que forza exerce cada corda?

7.- Un foco pendúrase dunha corda que está en equilibrio baixo a acción dunhas pesas segundo se indica na figura. Cal é a masa do foco?


8.- Aplícase unha forza de 40 N sobre unha caixa e esta móvese cunha aceleración de 2,5 m/s2 nunha superficie horizontal. Existe forza de rozamento? En caso afirmativo, canto vale o coeficiente?.

9.- Un paralelepípedo de aceiro é lanzado sobre unha superficie horizontal a velocidade de 4m/s. Se a súa masa é de 1,5 Kg e o coeficiente de rozamento vale 0,2, calcula:
a)a forza normal entre o móbil e a superficie.
b) a forza de rozamento,
c) a aceleración producida pola Fr,
d) o tempo que tarda en pararse.
e) debuxa o sisteme descrito.

10.- Dous rapaces están patinando sobre xeo e chocan. O rapaz de 60 Kg de masa empurra á rapaza cunha forza de 10 N. Sabendo que a rapaza ten 40 Kg de masa calcula que aceleración experimenta. Que forza actúa sobre o rapaz e que aceleración sofre? Cal é a Lei da Dinámica coa que se explica este problema?





Enerxías limpas

A necesidade agudiza o inxenio.


Lede o seguinte artigo e enterádevos de como unhas meniñas foron quen de artellar a maneira de ter enerxía eléctrica dun xeito moi barato!
Tamén hai outras experiencias nas que este producto, do que aínda non vos dou o nome, se utiliza como fertilizante biolóxico. Mirade aquí

Ben, e agora que xa sabedes de que substancia se trata, podedes decir que cantidade produce unha persoa ao día?

En que parte do noso organismo fabricamos esta substancia?


martes, 20 de noviembre de 2012

Estados de agregación da materia

Comezamos unha nova unidade titulada: estados de agregación da materia.
Sabes a que se lle chama materia? Que características ten?A densidade é unha das súas propiedades características. Mira estes problemas resoltos

E agora neste vídeo un avance do tema


Os cambios dun estado a outro na materia reciben nomes como: 


Por que non varía a temperatura dun sistema mentras se produceun cambio de estado? En que se utiliza toda a enerxía absorbida polo mesmo? Como se representa este fenómeno de xeito gráfico? Aprende máis aquí.
Neste enlace podes seguir un por un os pasos para facer unha gráfica de cambios de estado.
E neste outro a última gráfica. Quedoute claro?

O CALOR LATENTE de CAMBIO de ESTADO é a cantidade de enerxía en Xulios que se necesitan por cada Kg de masa para realizar un cambio de estado.
Nos proceso ENDOTÉRMICOS (fusión, vaporización e sublimación) o valor é positivo porque se absorbe enerxía.
Lf.- Calor latente de fusión. Cantidade de enerxía necesaria para cambiar unha masa de materia dende o estado sólido ao líquido.
Lv.- Calor latente de vaporización. Cantidade de enerxía necesaria para cambiar unha masa de materia dende o estado líquido ao gasoso.
Nos procesos EXOTÉRMICOS (licuación ou condensación, solidificación e sublimación regresiva) o valor é negativo porque se desprende enerxía.
Ll.- Calor latente de licuación. Cantidade de enerxía que se desprende ao cambiar unha masa de materia dende o estado gasoso ao líquido.
Ls.- Calor latente de solidificación. Cantidade de enerxía que se desprende ao cambiar unha masa de materia dende o estado líquido ao sólido.

A Teoría Cinética da Materia explica as características de sólidos, líquidos e gases así como o comportamento da materia durante os cambios de estado.

Chámase presión atmosférica á presión que exerce a atmósfera sobre a superficie terrestre e sobre os corpos que se atopan nela. Utilízase o BARÓMETRO para medila. Queres facer o teu propio mapa do tempo?

LEIS DOS GASES 


Lei de Boyle- Mariotte
Grazas aos estudos destes dous científicos enunciouse a seguinte lei :
O VOLUME dun gas diminúe ao aumentar a PRESIÓN, (A temperatura constante, procesos ISOTÉRMICOS)
Para a mesma masa dun gas, e nun recipiente pechado, se a temperatura se mantén constante, a presión e o volume son magnitudes inversamente proporcionais. É decir, que se aumenta a presión dentro dese recipiente, o volume diminúe, e viceversa.
P. V = P'. V'
1º Lei de Charles e  Gay- Lussac (tamén chamada simplemente Lei de Charles)
Grazas aos estudos destes dous químicos franceses enunciáronse 2 leis
O VOLUME dun gas aumenta coa TEMPERATURA (A presión constante, procesos ISOBÁRICOS))
Para a mesma masa dun gas, e nun recipiente pechado, se a presión se mantén constante, o volume e a temperatura son magnitudes directamente proporcionais.
V/T = V'/ T'
2ª Lei de Charles e Gay Lussac (tamén chamada simplemente Lei de Gay Lussac)
A PRESIÓN dun gas aumenta coa TEMPERATURA (a volume constante, procesos ISOCOROS)

Para a mesma masa dun gas, e nun recipiente pechado, se o  volume se mantén constante, a presión e a temperatura son magnitudes directamente proporcionais.
P/T = P'/ T'
Nestas dúas últimas leis a temperatura debe expresarse en kelvin.

Estática e Dinámica divertidas

Neste enlace tes unha explicación e xogos interactivos para comprender mellor o concepto de VECTOR e como traballar con eles.



Pincha aqui para ver como Newton explica as súas Leis da Dinámica

Neste outro enlace tamén o explican moi ben

Vídeos divertidos para explicar as leis de de Newton





domingo, 18 de noviembre de 2012

O Método científico. Magnitudes e unidades

Recordas en que consiste o MÉTODO CIENTÍFICO?

Unidades de medida do SISTEMA INTERNACIONAL

Prefixos do Sistema internacional

Aqui tes un XOGO para prácticar sobre unidades e magnitudes físicas e químicas

En este outro xogo podes aprender cales son as magnitudes escalares e vectoriais

O relevo e os axentes xeolóxicos externos



Antes de ver como actúan os axentes xeolóxicos externos: o vento, os glaciares, os ríos,..que erosionan, transportan e sedimentan, compre repasar os procesos de meteorización:
Meteorización Física
Meteorización Química
Meteorización Biolóxica

Modelado Glaciar


Modelado Fluvial




Fotografías interesantes de formas de relevo

Xogo para aprender máis


A enerxía interna e o relevo

A formación de oróxenos, a deformación das rochas e o seu ciclo están vínculados cos fenómenos de movemento tectónico e polo tanto coa sismicidade e co vulcanismo. Tamén os axentes xeolóxicos externos son responsables do modelado da paisaxe.
Oroxenia Alpina

A continuación tedes un vídeo sobre a formación do Himalaya





Hai moitos termos e de finicións coas que debes familiarizarte para abordar esta unidade. Neste xogo podes practicar e comprobar os resultados:

A enerxía interna e o relevo: XOGO de TARXETAS

Tipos de volcáns

Os cambios no medio natural prodúcense debido a procesos perfectamente explicados. Mirao aquí e comproba na autoavaliación que o entendes mellor.


sábado, 17 de noviembre de 2012

Aparatos dixestivo e respiratorio


Animación moi simpática sobre o aparato dixestivo. Aqui outra máis

Animación sobre o proceso respiratorio. Aqui outra máis

Neste enlace podes repasar o estudiado na clase sobre os APARATOS DIXESTIVO E RESPIRATORIO.

Aqui tes un MAPA CONCEPTUAL

Para tomar aire e expulsalo o noso organismo realiza dous movementos chamados: INSPIRACIÓN e EXPIRACIÓN. Mira estes vídeo:




Aprendiches algo máis?. Compróbao facendo esta AUTOAVALIACIÓN


A dixestión

Para realizar a dixestión dos alimentos que inxerimos e poder aproveitar os seus nutrientes, o aparello dixestivo consta de dúas aciións principais.

A dixestión FÍSICA.- Ten lugar grazas a acción dos DENTES, da lingua, dos movementos peristálticos do esófago e dos movementos musculares do estómago.
A hixiene das pezas dentarias é moi importante se non queres ter CARIES DENTAL




A dixestión QUÍMICA.- Ten lugar grazas á producción dunhas sustancias chamadas enzimas que actúan na boca, no estómago e no intestino delgado, de tal xeito que transforman as moléculas moi grandes ou polímeros, en moléculas sinxelas ou monómeros, para que poidan ser absorbidas polo doudeno e pasar así ao sangue. Clica na seguinte imaxe para saber máis:


Aquí tes un XOGO MOI INTERESANTE para que aprendas os nomes das principais enzimas dixestivas humanas. Que te divirtas!

sábado, 20 de octubre de 2012

Atentos ás etiquetas!



Observa como se interpretan os datos nutricionais das etiquetas alimentarias, fixándote nos seguintes exercicios con PAN de Molde e LEITE ENTEIRO.




Agora intenta ti completar o seguinte cadro:



Os lípidos da cebola


Os aceites esenciais sulfurados da cebola provocan as bágoas cando entran en contacto coas mucosas e os ollos
As cebolas teñen  un alto contido en aceites esenciais sulfurados, moi volátiles e picantes. Ademais de proporcionar un sabor característico, estos aceites son os responsables do cheriño das cebolas, un aroma moi especial, que se dulcifica cando as cociñamos, pero que en crudo fainos chorar, ao entrar en contacto coas nosas mucosas e ollos.
En que tipo de lípidos clasificarías esta sustancia tan especial?