Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

domingo, 25 de marzo de 2012

Un carballo nacendo

Neste video grabado durante 8 meses con intervalos de dúas horas pode verse como unha landra abrocha ata converterse nunha arboriña. A semente ábrese nos meses de inverno e pouco apouco comeza a surxir a raiz e os cotiledóns. Por fin sae á superficie e nacen as primeiras follas.
Todo un deleite para os amantes da natureza


jueves, 15 de marzo de 2012

Gráficas en Calorimetría

Se queres repasar un pouco sobre as gráficas de cambios de estado pincha aquí. Logo contesta ás preguntas que te propoñen no exercicio.

Biodiversidade Mariña do Pacífico

Buceamos un pouco nas illas de Fiji e Tonga? Os arrecifes de coral con magníficas cores, ven pasar grandes bancadas de peixes tropicais. Tamén hai tiburóns, balenas xorobadas, covas submariñas, e un montón de habitantes máis que fan que este hábitat, por desgraza, sexa un atractivo turístico no Pacífico Sur.
Marabilloso o vídeo. Pincha no enlace e disfruta da pantalla completa como se tí foses tamén buceando. Ten música.

 http://www.youtube.com/embed/mcbHKAWIk3I

domingo, 11 de marzo de 2012

Harvey e a circulación sanguínea




Exercitatio anatomica de motu cordis et sanguinis in animalibus
(fragmento adaptado)
Así, o corazón é a fonte orixinaria da vida e o sol do pequeno mundo (microcosmos), de igual xeito que o Sol deberá denominarse, en correspondente equivalencia, corazón do mundo (macrocosmos). Pola súa potencia e os seus impulsos móvese o sangue, perfecciónase e nútrese, quedando salvagardado da corrupción e a destrución. E á súa vez procura os seus servizos a todo o corpo pola nutrición, o quentamento e a vitalización. […]
Permítasenos que lle chamamos circulación a este movemento, no mesmo sentido en que Aristóteles comparaba o tempo atmosférico e a chuvia cun movemento circular das rexións superiores. […]
Do mesmo xeito como a calor do Sol provoca a circulación da auga para o mantemento e a vitalización dos seres vivos sobre a Terra, así tamén deberá ocorrer nos corpos: que todas as súas partes se nutran, se caldeen e se vivifiquen polo movemento do sangue, grazas a un sangue quente e con capacidade de nutrición.
 William HARVEY.

1.-William Harvey (1578-1657), médico e profesor de anatomía comparada, contribuíu dun xeito decisivo ao descubrimento da circulación sanguínea. Busca información sobre outros científicos que contribuíron ao
coñecemento do noso organismo e elabora unha ficha de cada un deles.
2.-Con que dificultades para desenvolver os seus estudos se debeu atopar William Harvey naquela época?

A función de nutrición nos seres humanos


A función de nutrición é aquela que nos permite tomar substancias procedentes do exterior e, a partires delas, obter enerxía para realizar as actividades vitais, e formar, renovar ou conservar as estructuras do noso corpo. Tamén é importante desfacerse daquelas substancias de refugallo que resultan prexudiciais para o noso corpo.
Para realizar a función de nutrición, o corpo humano dispón de catro aparellos ou sistemas:
APARELLO RESPIRATORIO:  
Formado polas vías respiratorias e os pulmóns. Nel se realiza o intercambio entre o medio externo (o aire) e o medio interno (o sangue) das moléculas gaseosas de osíxeno e dióxido de carbono. Ambas atravesan por DIFUSIÓN dúas finas capas celulares: á do alvéolo pulmonar e a do capilar sanguíneo.
Os pulmóns sempre teñen aire e son dúas bolsas húmidas aloxadas no tórax. No movemento de INSPIRACIÓN énchense máis grazas á contracción do músculo diafragma. No movemento de expiración a caixa torácica comprímese e o aire bótase fora pero xa con menos osíxeno (segue tendo unha pequena parte, por iso se pode reanimar a outra persoa co sistema do "boca a boca").



O APARELLO DIXESTIVO: É un tubo aberto que comeza na boca e remata no ano. Nel verten glándulas propias como as salivares, as estomacais e as duodenais, o outras accesorias como o páncreas e o fígado.
A función deste sistema é convertir o alimento que inxerimos, en nutriente que dixerimos. 
A dixestión mecánica está relacionada coa mastigación, movementos musculares como os peristálticos ou os do estómago. A dixestión química ocorre cando actúan os encimas sobre as moléculas máis complexas para "cortalas" e formar outras máis sinxelas. Ambas dixestións son simultáneas. Cando as moléculas de hidratos, lípidos e proteínas están reducidas á súa mínima expresión, glicosa, ácidos graxos e aminoácidos, son absorbidas polos micropeluxes do duodeno.
  
O APARELLO CIRCULATORIO está formado polo corazón que actúa de bomba, e os vasos sanguíneos que poden ser moi grosos como arterias e veas, máis finos como arteriolas e vénulas ou do diámetro dun cabelo como os capilares. A través deles circula o sangue, un líquido formado pola mestura de PLASMA e CÉLULAS sanguíneas entre as que se atopan os eritrocitos, os 5 tipos de glóbulos brancos e as plaquetas.  
Mediante un circuito dobre o sangue percorre todo o corpo e distribúe osíxeno e nutrientes a todas as células. Ao mesmo tempo recolle destas o dióxido de carbono e a urea.
O corazón ten 4 cavidades que se van dilatando para encherse de sangue (diástole) e contraendo para expulsala (sístole). É importante coñecer os dous circuitos e saber onde empezan e por onde pasan.





O APARELLO EXCRETOR é o encargado de fabricar urina e expulsar a urea. A urina é un líquido que se forma gota a gota nos riles. O sangue pasa polos riles aorredor de 36 veces ao día. Alí é filtrado nos nefróns quedando libre de impurezas e equilibrándose no contido en sales. O 96% da parte acuosa do sangue e a glicosa recupéranse antes de pasar á vexiga, polo que o volumen de urina é de 1,5 litros ao día.
As persoas que teñen mal este filtro natural, teñen que recurrir á hemodiálise  

sábado, 3 de marzo de 2012

jueves, 1 de marzo de 2012

A pubilicidade a exame


En deseño publicitario é moi importante a composición, pois a mensaxe ten que estar moi clara e debe entenderse de inmediato, chamar a atención do espectador. As formas, cores, texturas,... son utilizadas cun propósito concreto: que o producto anunciado sexa obxecto dos nosos desexos.
Párate un momento e visualiza estes anuncios publicitarios