Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

martes, 28 de mayo de 2013

miércoles, 22 de mayo de 2013

A maxia da física

Axustando o número de oscilacións por período en 15 péndulos consíguese este asombroso "baile"


.                                         

lunes, 20 de mayo de 2013

miércoles, 15 de mayo de 2013

Asociación de funcións e gráficas. A función recíproca

1.- Escribe a ecuación de estas rectas. Calcula o punto exacto no que se cortan.



2.-



Acha a ecuación das funcións dadas e debuxa as súas funcións recíprocas.





martes, 30 de abril de 2013

Métodos anticonceptivos

Métodos de barreira
Condón masculino, condón feminino, esponxa e capuchón cervical.

Dispositivo intrauterino DIU  

Diagfragma















Métodos definitivos (ciruxía)

Vasectomía (no home)                                   Ligaddura de trompas (na muller)







                               

lunes, 8 de abril de 2013

Configuración electrónica dos elementos químicos

Practica a configuración electrónica dos elementos


Máis exercicios para xogar

Diagnóstico de enfermidades xénicas

A AMNIOCENTESE é unha técnica que consiste en analizar o líquido amniótico que contén células do feto.


A ECOGRAFÍA consiste en aplicar ultrasóns sobre o ventre da nai para obter unha imaxe observable nunha pantalla.



As mutacións e as alteracións na especie humana


Os xenes non son inalterables. En ocasións prodúcense cambios inesperados neles.
As alteracións do material xenético denomínanse mutacións.
As mutacións inflúen na variabilidade dos individuos dunha poboación e son unha das causas fundamentais da biodiversidade do noso planeta.
Nalgúns casos as mutacións poden ser prexudiciais para o individuo no que aparecen, como no caso do cancro e mais das enfermidades xenéticas.

Existen varias formas de clasificar as mutacións, segundo o criterio que se empregue.


As alteracións xenéticas poden causar mutacións xénicas, cromósomicas ou xenómicas 
Mutacións xénicas. A alteración afecta a estrutura química dos xenes. (numéricas).
 a) nos autosomas: polidactilia, albinismo, fibrose quística, anemia falciforme
 b) nos cromosomas sexuais ou influídos polo sexo: hemofilia, daltonismo, calvicie. 

Mutacións cromosómicas. A alteración afecta a estrutura dos cromosomas.
Síndrome de "Cri du chat" e Síndrome de "Boca de carpa".
 Estas mutacións poden ser observadas ao microscopio e son as seguintes:

Mutacións numéricas ou xenómicas. A alteración afecta o número de cromosomas. As mutacións xenómicas detéctanse facilmente cando se estuda o conxunto de cromosomas dun individuo. Este tipo de mutacións agrúpanse á súa vez en:


MONOSOMÍAS:
Síndrome de Turner: mulleres cun so cromosoma X

TRISOMÍAS:
a) nos autosomas:
Trisomía no par 13.- Síndrome de Patau
Trisomía no par 18.- Síndrome de Edwards
Trisomía no par 21.- Síndrome de Down
b) no par sexual:
Trisomía XXX.- mulleres con retraso mental moderado e alteracións neuropsíquicas.
Trisomía XYY.-  homes con retraso mental e agresividade.
Trisomía XXY.- Síndrome de Klinefelter. homes estériles con lixeiro retraso mental


Que é un xogo cromosómico? É o conxunto formado por un cromosoma de cada tipo. Por exemplo, un individuo diploide normal ten dous xogos cromosómicos, posto que os cromosomas existen en parellas.


AXENTES MUTÁXENOS
As mutacións increméntanse en boa medida cando unha célula ou un organismo completo se someten a certos axentes, denominados mutaxénicos. Estes axentes provocan cambios no material xenético ou mesmo poden alterar os cromosomas.
Os axentes mutaxénicos poden ser: 

Axentes mutaxénicos físicos
As radiacións poden provocar danos no material xenético: as máis perigosas son os raios X e as radiacións emitidas nos procesos radioactivos.
A atmosfera detén as radiacións solares máis perigosas; con todo, unha parte dos raios UV chega á Terra. Por iso, a nosa exposición ao sol non debe ser excesiva.

Axentes mutaxénicos químicos
Moitas substancias, como os colorantes que se empregan na industria, os insecticidas ou certos contaminantes provocan cambios nos xenes. O risco de mutación aumenta se as células reciben estes produtos de forma habitual. O mellor é usar insecticidas naturais.

Axentes mutaxénicos biolóxicos
Bacterias, fungos e virus. Algúns virus poden aumentar a frecuencia de aparición de mutacións xénicas ao interferir co material xenético da célula á que parasitan

DIAGNÓSTICO DAS ENFERMIDADES XENÉTICAS

Amniocenteses

Ecografía

jueves, 14 de marzo de 2013

A función de relación

A función de relación é vital para o individuo pois grazas a ela pode enterarse do que pasa ao seu redor e no seu propio organismo e actuar en consecuencia.
Que sistemas participan nesta función?
O Sistema Nervioso, formado polo Sistema Nervioso Central e o Periférico
O Sistema Endocrino, producindo hormonas que libera en sangue. Mira este video
Os Sistemas Muscular e Esquelético responsables do movemento
e os Órganos dos Sentidos, especializados en captar estímulos diferentes.

Estímulos de diversa índole excitan ás neuronas do noso corpo e provocan unha resposta voluntaria ou involuntaria, positiva ou negativa, dependendo da súa natureza.

As drogas alteran o bo funcionamento do sistema nervioso. Tamén hai enfermidades que lle afectan

XOGOS PARA O TEU CEREBRO
1.-Podes obedecer a orde do enunciado?

Fai este test sobre o sistema nervioso
Mira nestes videos como grazas ao sistema nervioso e endocrino, podemos salvar a nosa vida en situación límite





lunes, 11 de marzo de 2013

Xenética mendeliana


O Pisum sativum foi a especie utilizada por Gregor Mendel para estudar a herdanza dos caracteres.





A herdanza xenética e os seus problemas está moi ben presentada neste enlace
Non esquenzas visitar en XA NON TES DISCULPA a práctica de xenética. Ten moitos problemas resoltos e explica os principais conceptos sobre esta parte da Bioloxía.