Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

lunes, 25 de febrero de 2013

Mesturas e sustancias puras

Unidade didáctica completa sobre o tema
Presentación sobre mesturas, concentración e solubilidade
Proba nesta aplicación os teus coñecementos sobre solubilidade
A continuación tes unha curva de solubilidade de diferentes solutos sólidos en auga.



Mitose e meiose

Ao longo da vida dunha célula hai dous estadíos principais: Interfase e División. Nas células eucariotas hai dous tipos de división, a mitose e a meiose

Cando a célula está en INTERFASE hai tres etapas:
fase G1: os orgánulos están realizando as súas funcións, hai membrana nuclear e o material xenético está en forma de cromatina. A célula medra ata acadar o seu tamaño normal.
fase S: o material xenético duplícase.
fase G2: a célula continúa co seu crecemento. Aparecen dous centriolos no citoplasma.

Se se quere dividir a célula realiza unha mitose ou unha meiose. De que depende?

MITOSE: A células somáticas divídense en dúas células xeneticamente iguais, garantizando así o número cromosómico. Cando as nosas células se dividen por mitose podemos medrar, e rexenerar tecidos danados ou mortos. Secundariamente algunhas células poden especializarse. Algunhas das nosas células non poden dividirse, ben porque perderon o núcleo (caso dos eritrocitos que albergan á hemoglobina para transportar osíxeno) ou porque se especializaron tanto no seu traballo que xa non "saben" duplicarse (caso das neuronas). Dunha célula diploide surxen dúas células tamén diploides.
Na Mitose hai 4 fases: Profase, Metafase, Anafase e Telofase.


1.- PROFASE mitótica: O ADN pasa de estar como cromatina a condensarse formando os cromosomas. Desaparece a envoltura nuclear e o nucleolo. O nucleoplasma mestúrase co citoplasma. Cada centriolo desplázase ata os polos da célula e comezan a emitir fibrillas de proteínas.
2.- METAFASE mitótica.- Os cromosomas homólogos colócanse no centro da célula, na placa ecuatorial. as fibrillas de proteínas dos centriolos únense aos cormosomas polos centrómeros. Fórmase o fuso acromático.
3.- ANAFASE mitótica.- As fribrillas comezan a acurtarse de tal modo que as cromátides irmáns se separan. Son conducidas a polos opostos da célula.
4.- TELOFASE mitótica.- Cando os cromosomas están en dous grupos en cada polo da célula, comeza a formarse en torno a eles unha nova envoltura nuclear ao mesmo tempo que se volvena dispor en forma de cromatina. Aparece de novo o nucleolo. Neste momento a célula ten dous núcleos.


CARIOCINESE: División e reparto dos orgánulos entre as células fillas. A célula vaise estrangulando ata dar lugar a dúas células fillas. O reparto dos orgánulos non ten porque ser equitativo.  Na fotografía de arriba vemos un tecido da cebola en varias fases da mitose.




MEIOSE: A células nais dos gametos son diploides pero ao dividirse por meiose dan lugar a 4 células fillas haploides, é decir, coa metade da información xenética. De este modo ao formarse o embrión recupérase a dotación xenética normal.
Nos homes, os espermatozoides haploides e móbiles (teñen flaxelo)  surxen a partires das espermatogonias dos túbulos seminíferos no que se da en chamar espermatoxénesis. É un proceso contínuo que dura dende a pubertade ata o climaterio masculino. De cada célula surxen 4 espermatozoides.
Nas mulleres, a ovoxénese ou formación de óvulos é cíclica e ocorre cada 28 días. É moito máis complicada e comeza cando a muller está en fase fetal. De cada célula nai surxe 1 óvulo e outras 3 células que dexeneran.

A meiose lévase a cabo mediante dúas mitoses consecutivas, coas súas 4 etapas correspondentes.
1ª Mitose. Ten unha profase máis longa ca da mitose e aquí dase o ENTRECRUZAMENTO (na imaxe da dereita),  dos cromosomas homólogos polo que aumenta considerablemente a variabilidade xenética. Como resultado obtéñense dúas células fillas diploides pero con diferente combinación de xenes.
2ª Mitose. Igual ca mitose normal pero sen que haxa previamente duplicación do ADN polo que se obteñen catro células haploides ao final do proceso.



Nesta animación podes ver as diferencias entre mitose e meiose







.